Coregal

Que facemos

obxectivos inmediatos

Inicialmente …

... a nosa actividade centrábase na recollida de papel e cartón de institucións, fundamentalmente organismos oficiais, e empresas privadas. O proceso actual consiste en seleccionar a materia, triturala, enfardala e enviala ás papeleiras ou intermediarios, sendo o seu destino final a reciclaxe.

Hoxe…

... continuamos no ámbito da recollida selectiva da meirande parte dos residuos que xeran os nosos clientes: plásticos, vidro, electrodomésticos, cartón, envases lixeiros, materiais textís, madeiras, lodos, ferrallas, voluminosos e mesturado de residuos. Ademáis, no noso servizo medioambiental integral, incluímos a xestión de zonas verdes e axardinadas e obras de acondicionamento ecolóxico de vivendas, coa incorporación de Dixardín á nosa rede de colaboradores.

Como resultado …

... dende o xurdimento de Coregal en 1994 temos ampliado a nosa plantilla dende 5 até máis de 160 traballadores, e dende 1 até 5 centros de tratamento de residuos, máis 2 de xestión de xardíns e zonas verdes, grazas ás sinerxias establecidas con Dixardín.

Contenedores