Coregal

Obxectivo medioambiental

Edificio Coregal

A nosa propia actividade está intimamente ligada á preservación do medio ambiente, pero este interese vai máis aló contribuíndo de xeito activo ao crecemento e mellora do sistema socioeconómico da contorna, así como ao fomento de prácticas responsables que respecten o medio e permitan o claro avance da sociedade cara un mundo mellor.

Apostamos...

... firmemente pola promoción da reducción, reutilización e reciclaxe dos residuos non perigosos sempre que temos ocasión, co obxectivo de minimizar o depósito de materiais reciclables nos vertedoiros, co gran impacto medioambiental que supoñen. 

Para conseguilo...

... realizamos actividades instrutoras en visitas escolares, xa que sabemos que os nenos e nenas de hoxe teñen o futuro da reciclaxe nas súas mans, porque son os motores de cambio para introducir hábitos de reciclaxe nos seus propios fogares.