Coregal

Coregal en cifras

Evolución da plantilla de Coregal nos últimos anos

A nosa gran familia non ten deixado de crecer dende 1994, ano no que inicia a súa actividade con 4 empregados, até chegar a 2016 con máis de 160 traballadores, dos cales máis do 90% teñen algunha discapacidade.

Malia a crise económica que se está a vivir no país, pódese apreciar como o número de traballadores e traballadoras de Coregal apenas disminuiu, porque o capital humano é para nós o máis importante. 


Reparto en material do total de toneladas de residuos tratados, 2015

Xestionamos unha ampla variedade de residuos non perigosos. Das 51.700 toneladas de materia xestionadas, 29.566 eran de papel ou cartón, seguidos dos residuos de difícil reciclabilididade (10.812 ton.) e outros como o plástico (3.761 ton.) ou o vidro (1.900 ton.). Xa en menor grao están os textís e os metais.